Benvida/o
A prevención de drogodependencias e o fomento de bos hábitos da saúde son dúas labores que a sociedade temos o deber de potenciar. Tecido educativo, social, deportivo, lúdico, familiar, a cidadanía en xeral, e como non, administracións, somos protagonistas na concienciación e na extensión da cultura do rexeitamento.
Dende o Concello de Lugo aproveitamos todas as ferramentas posibles para achegarnos á veciñanza e concienciala sobre o consumo. E non falamos só da inxestión de alcol e/ou outras drogas, senón doutras conductas potencialmente aditivas, como o abuso das novas tecnoloxías ou o xogo patolóxico, etc; porque non é indiferente que hai novos tempos nas adiccións.
É un inmenso pracer darche a benvida a esta web, que xunto ao programa de actividades que ofrecemos, especialmente dirixido á mocidade e ás súas familias; estamos convencidos de que constitúen un poderoso instrumento de prevención e para toda aquela persoa que se achegue á fiestra das adiccións, á que nunca debemos asomarnos.
Ana Mª González Abelleira
Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude
Destacados
12 cousas que facer mellor sen drogas
1
Solucionar problemas
Sen drogas, podes estar máis en forma para regular o estrés e a capacidade para controlar mellor as túas emocións
2
Relacionarse coa xente
Coa dependencia e/ou adicción só tes unha prioridade e é o consumo, os amigos, o grupo, a familia, as afeccións, etc... pasan a un segundo plano
3
Aprender das novas experiencias
Sen drogas o descubrimento de cousas novas falo con todas as túas capacidades
4
Obter mellores resultados académicos e/ou deportivos
O consumo de drogas afecta negativamente á capacidade de realizar tarefas que requiren atención e/ou concentración. Coas drogas o teu rendemento reducirase.
5
Coñecerse mellor
Pensas que controlas, pero son elas, as drogas, as que te controlan a ti, as que te afastan de todo e as que te anulan por completo ata converterte nun auténtico descoñecido para ti e para os demais
6
Gozar máis da vida
Ningunha droga fai que te divirtas máis, esa capacidade depende de ti
7
Viaxar
O consumo de drogas pode traer consigo penas moi altas nalgúns países
8
Buscar o teu camiño, ter liberdade para facer e decidir é fundamental
Por iso debes saber que o consumo de drogas pode levarte a unha adicción que te obrigará aínda que non queiras a seguir consumindo e ser dependente
9
Gozar da túa saúde
O consumo de drogas exponnos a enfermidades que poden ser mortais. Feren o noso maior ben prezado
10
Aforrar
Sen drogas empregarás mellor o teu diñeiro, xa que o consumo sae moi moi caro
11
Ser feliz
A maioría das drogas aumenta a ansiedade, o mal humor e a agresividade
12
Estar máis guapo/a
Mentres as consumes, elas consumen o teu organismo provocando impactantes cambios físicos