
Benvida/o
Unha sociedade máis informada e mellor formada sobre as adiccións será máis capaz de convivir nun mundo no que estas existen, reducindo o risco de establecer con elas relacións conflictivas. Este é o verdadeiro motivo da creación desta web, posta en marcha co traballo do persoal do Servizo Municipal de Prevención de Drogas, ao abeiro do programa +Xti.
A prevención de drogodependencias e o fomento de bos hábitos da saúde son dúas labores que a sociedade temos o deber de potenciar. Tecido educativo, social, deportivo, lúdico, familiar, a cidadanía en xeral, e como non, administracións, somos protagonistas na concienciación e na extensión da cultura do rexeitamento.
Dende o Concello de Lugo aproveitamos todas as ferramentas posibles para achegarnos á veciñanza e concienciala sobre o consumo. E non falamos só da inxestión de alcol e/ou outras drogas, senón doutras conductas potencialmente aditivas, como o abuso das novas tecnoloxías ou o xogo patolóxico, etc; porque non é indiferente que hai novos tempos nas adiccións.
É un inmenso pracer darche a benvida a esta web, que xunto ao programa de actividades que ofrecemos, especialmente dirixido á mocidade e ás súas familias; estamos convencidos de que constitúen un poderoso instrumento de prevención e para toda aquela persoa que se achegue á fiestra das adiccións, á que nunca debemos asomarnos.
Jorge Bustos Atanasio
Concelleiro de Xuventude e Deportes
Destacados

FINDE e INPUT!: Ferramentas lúdicas para a prevención de adiccións
Desenvolvidos por PlaytheWay (Asociación SIAD) e financiados pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas
FINDE e INPUT! son dous xogos de cartas pensados para traballar na aula a prevención das adiccións, tanto con substancia como sen ela. A través do xogo promóvese a reflexión sobre o lecer, o consumo, os sinais de alerta e os hábitos saudables, xerando espazos de diálogo e aprendizaxe nos contextos educativos.