Nais e pais


Talleres para as nais e pais

REFLEXIÓNS PARA AS NAIS E PAIS DESDE O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Os adolescentes de hoxe en día, o gran problema da sociedade é que consumen drogas, collen borracheiras, empezan cada vez máis cedo a consumir diferentes sustancias aditivas, o sexo feminino cada vez involúcrase máis nesta dinámica, non saben divertirse, non son creativos, non se conforman con nada, son rebeldes, impóñense aos maiores, son irrespectuosos, teñen as súas modas...

Son moitos os profesionais que, desde diferentes ámbitos (médicos, profesores, policías, psicólogos...), coinciden en sinalar a importancia do papel das nais e pais nesta gran problemática. Todo parece indicar que detrás da maioría da xuventude con este perfil, hai uns pais ou nais que delegaron a responsabilidade noutras persoas ou institucións (como os profesores, a escola, o concello, e ata os pais dos amigos) liberándose así dos seus verdadeiros deberes como proxenitores.

Ante a falta dunha figura de autoridade, dunha identificación clara do papel de nais e pais, ante un modelo disciplinar baseado no liberalismo tan de "moda"..., os adolescentes viven nun estado de confusión, liberdade, libertinaxe e desorientación..., que só lles deixa un camiño: o dos amigos, que á súa vez viven situacións similares nos seus fogares. Xuntos formarán os grupos do desconcerto, da vida ao límite e sen límites, do risco, e entón..., e só entón..., as nais e pais empezan a preocuparse. E neste momento, a "prevención" perde o seu papel, as súas posibilidades de actuación, as súas ferramentas, os seus obxectivos..., pasamos a un segundo plano. Só podemos falar do que poderíamos ter feito, pero non fixemos.

Deixemos as queixas e pasemos á acción! Porque a verdadeira e a máis frutífera das accións é a prevención. Non caian no erro de pensar e xurar e perxurar que "ao meu fillo non lle vai iso", "el non me faría algo así"..., máis ben actúen para que realmente non caia nas redes dos manipuladores. Déanlle pautas para saber escoller, para adiantarse ás consecuencias, para sopesar consecuencias, para saber dicir non cando sexa necesario..., falen con eles e, sobre todo, escóitenos.

A familia define un escenario de aprendizaxe e educación que vai determinar o grado de éxito co que a nena/o ou adolescente se vai a adaptar a outros contextos sociais (a escola, o instituto, os espazos de ocio). Nalgunhas ocasións, os problemas de comunicación na familia provocan que os pais descoñezan a realidade que viven os seus fillos fóra do ámbito doméstico. Isto impide que os pais poidan establecer un modelo de relación baseado na comprensión e a confianza.

Coñecer os hábitos das nenas e nenos e dos adolescentes, saber comunicarse con eles de xeito eficaz, ofrecerlles alternativas de ocio construtivas e atractivas ou ensinarlles a decidir por eles mesmos e a desenvolverse na vida afrontando os problemas cotiáns, non é unha tarefa fácil. Para iso, é fundamental coñecer o contexto social no que se moven, aprender a falar con eles, escoitalos sen censuralos e explicarlles as consecuencias dos seus actos e os perigos das condutas aditivas que poden prexudicar o seu futuro.

O obxectivo dos grupos formativos para nais e pais, unha iniciativa do Concello de Lugo dentro do Servizo de Prevención de Drogodependencias no ámbito familiar, é dotar ás nais e pais dos coñecementos necesarios para actuar como axentes de prevención, ofrecerlles instrumentos e ensinarlles habilidades na busca de mellores fórmulas para que poidan responder de forma adecuada aos factores e situacións implicadas no inicio e mantemento das condutas adictivas.

CARACTERÍSTICAS

Grupos de formación gratuítos organizados por el Servizo Municipal sobre Drogodependencias
Estruturadas en 3 sesións (unha por trimestre) cunha duración de 90 minutos por sesión
Ao longo do curso, as nais e pais poderán acceder, tras solicitalo, ao material de lectura informativa editado polos técnicos, para despois resolver dúbidas e facer os comentarios oportunos na sesión dirixida pola psicopedagoga do equipo técnico de Prevención de Drogodependencias
Dirixido a todas as nais e pais con fillos ou fillas que cursen ESO (entre os 11 e 16 anos)

Inscricións

O boletín de inscrición pódese entregar nas ANPA dos centros educativos ou nas oficinas do Servizo de Prevención de Drogodependencias ou chamando ao teléfono 982 284 816. Centro Social Uxío Novoneyra, 3ª planta. R/Quiroga Ballesteros, núm. 1.27001.

Índice temático

Normas e autoridade: son precisas?; que e como negociar?
Comunicación: como explicárllelo?; como entendernos?
Estudos, o colexio: o colexio encárgase de todo?; que pasa no instituto?
Amigos e cuadrillas: como se relaciona?; quen son e que fan?
Ocio e tempo libre: que actividades facemos xuntos?; que pasa as fins de semana?
Consumo: que está aprendendo a desexar?; todo o que lle interesa cómprase?
Drogas: está protexido?, está correndo riscos?
As nais, pais e a prevención de drogas: é cedo?, é tarde?

Estilos de comunicación entre nais, pais e fillos

Tendencias que condensan as posturas dos pais fronte a cuestións que rodean á familia (organización, funcións, comunicación, problemas):

1. Desbordamento e resignación.
As nais e pais aceptan pasivamente a incapacidade para controlar e manexar uns problemas de convivencia familiar que se lles foron das mans. Representan un clima familiar deteriorado e conflitivo.
2. Impotencia e indignación
Serve para identificar ás nais e pais que acostuman vivir nun clima familiar moi deteriorado e que derivan moitas responsabilidades de educación e socialización dos fillos a instancias externas á familia. Tenden a reaccionar a partir dun distanciamento que os distancia dos conflitos, mostrándose, ao mesmo tempo, indignados ante calquera comentario a ese distanciamento.
3. Soidade
Mulleres que se senten soas ante as responsabilidades que implica a educación e coidando dos seus fillos, e que reprochan á súa parella que non se comprometa máis con iso. Destaca a representación deste colectivo nos contornos rurais e entre quen dispón de menores recursos económicos e culturais.
4. Capacidade e satisfacción Posición na que se sitúa a maioría das familias españolas. Afirman ter boas relacións familiares, clima da comunicación axeitado e unha máis que aceptable capacidade para resolver os problemas de convivencia.

A partir destas consideracións, identificáronse catro TIPOS DE FAMILIAS que representan dunha forma certeira o panorama de diferente tipoloxía de familias españolas:
Familia adaptativa
Integrada por novos modelos familiares
Boa comunicación, tamén conflitos entre nais, pais e fillos
Familia aberta ao exterior
Con adolescentes que consumen máis droga que a media aínda que menos que os da familia conflitiva
Familia nominal
Coexistencia pacífica e negación de conflitos
Sintonía en actitudes e valores entre nais, pais e fillos - socialización externa
Menor grado de conflitos por causa de drogas, consumo de alcohol, relacións dos fillos, relacións sexuais
Familia familista/endogámica
Núcleo familiar unido, con bos modais
Familia pechada en si mesma
Altos niveis de socialización familiar
Familia conflitiva
Malas relacións e conflitos Mala comunicación e distancia nais, pais / fillos
Normas ríxidas, coas que se choca continuamente
Os fillos/as adolescentes son os que consumen máis droga que a media

Testemuño

Nai dun alumno de 12 anos

Cando me entregaron no instituto unha inscrición para un curso sobre prevención de drogodependencias..., pois, a verdade pensei que era algo alleo, que non tiña nada que ver coa nosa vida cotiá; esquecémonos sempre das "drogas legais" que están ao alcance das mans: o tabaco, o alcohol, ou as cada vez máis frecuentes adicións aos videoxogos, ao móbil ou ao ordenador (iso si que nos soa, verdade?). Ao ler máis detidamente o folleto, cambiei de opinión: resulta que o curso potenciaba a comunicación cos fillos, vaia, iso si me interesaba. Que pai/nai non desexa saber como pasa o seu fillo/a o tempo libre...?, con quen o comparte?, que lle indigna?..., empeza a ser un descoñecido?, de que falo con el? Picoume a curiosidade e apunteime.

Como son unha histérica, a ansiedade é o síntoma principal que eu acusaba respecto á etapa que está iniciando o meu fillo/a: ten 12 anos. As normas de comportamento sempre foron sinxelas e de obrigado cumprimento; compartíamos case todos os xogos e as actividades ao aire libre, era unha nai ríxida, pero divertida e marabillosa (iso dicían os seus amigos), pero o conto de fadas acabouse. Está cambiando..., e xa recibín algunhas críticas; algunhas normas cuestiónanse, outras póñense costa arriba..., xa non teño a mesma influencia..., a miña palabra non é a lei..., case non me soan os seus cantantes favoritos..., que ocorre? Os tempos cambiaron! As opinións dos seus amigos son as que prevalecen, perdería autoridade, xa non sei nada..., vaise sentir incomprendido?..., estarase distanciando?..., a nosa relación converterase na nosa maior pesadelo?.. Socorro!

O curso proporcionoume calma, sei ao que me vou a enfrontar e teño a clave para seguir tendo unha relación de calidade co meu fillo (iso espero). A clave é a comunicación. Ah!, que doado! Pois non, non tanto: a comunicación non é acosar a preguntas policiais, por toda a casa nos momentos máis inoportunos, nin darlles un "meeting", nin contarlles o que un facía cando era novo (non pensarás en serio que lle interesa...). Comunicación é escoller o momento axeitado para falar, momentos de calidade para intercambiar pareceres; sobre todo saber escoitar con respecto; infundir confianza dando información correcta e sen intentar asustar; non xulgalos negativamente (polo menos en voz alta), non censurar senón calarán (mellor coñecer as súas opinións para poder influír nelas), formular preguntas abertas, pensar ben as respostas, non precipitarse en darllas y que sexan honestas, saber esperar o momento oportuno para o diálogo (dixen diálogo, non discurso ben intencionado que non serve de nada, do tipo de "deberías...", "tes que...", etc.).

Ben, algo que pode resultar útil é recordar a nosa adolescencia e cales eran os comportamentos dos nosos pais que non soportábamos, intentar non imitalos se estaban trabucados.

Agora practico, sobre todo..., a calma, o bo humor, o recordar de vez en cando as normas inamovibles, a crítica construtiva, o respecto pola súa independencia sempre e cando siga demostrando responsabilidade nos seus actos, procuro facerlle sentir que confiamos nel (aínda que teñamos o peor), aplico se é necesario castigos xustos e non esaxerados (el debe saber que se infrinxe unha norma existe un castigo que se cumpre)

Todos podemos facelo, só hai que querer e saber, e para iso está o curso: agora teño os recursos para logralo. Foi unha sorte apuntarme, doume conta de que aínda que teño as rendas da súa vida, nin debo estirar demasiado, nin tampouco afloxar completamente; é fundamental que neste espazo de tempo se converta nun ser autónomo, diferente de nós, coa súa ideoloxía, coa súa propia identidade..., e poderemos empezar unha nova etapa: a de adulto. Será un triunfo..., e un descanso!.

Consellos para nais e pais

1. É bo que fale cos seus fillos acerca do tabaco, do alcohol e das demáis drogas
Quizais encontre que posúen ideas erróneas e falsos mitos en torno ás propiedades das drogas. Vostede pode axudar a que os seus fillos dispoñan da información adecuada.

2. É excelente que escoite realmente aos seus fillos
Os nenos/as poden falar mellor sobre un tema con aqueles pais que saben escoitar. Se vostede os escoita atentamente e activamente, os seus fillos compartirán as súas experiencias.

3. É boísimo que axude aos seus fillos a sentirse ben con eles mesmos.
O seus fillos sentiranse mellor se vostede tende a valorar os seus logros, así como os seus esforzos (independentemente dos resultados). Fortalecerá a súa autoestima se avaliar con eles as súas accións e non os critica a eles como persoas. 4. É moi importante que axude aos seus fillos a desenvolver valores firmes e adecuados.
Un sistema firme de principios e valores pode axudalos a tomar decisións baseadas en feitos reais e non na presión exercida polos seus amigos-compañeiros. Para axudalos, as súas propias mensaxes ao respecto terían que ser claros e coherentes, razoando xuntos as súas afirmacións

5. Seguir a coherencia de ser un bo exemplo para eles.
Os pais/nais son modelos para os seus fillos/as, aínda que non o queiran! Por iso, as súas actitudes coas drogas e os seus hábitos de consumo inflúen decisivamente no comportamento do seu fillo, ser un exemplo saudable é un dos piares da prevención. Os fillos/as non fan o que un di, senón o que un fai.

6. É moi importante axudar a afrontar a presión dos compañeiros
Os fillos/as que aprenderon a ser respectuosos, cariñosos, seguros e responsables de si mesmos, teñen máis posibilidades de afrontar a presión de calquera grupo e poden tomar decisións sas.

7. Establecer normas dentro da familia sobre as drogas é moi apropiado
É moi útil establecer regras específicas respecto ao consumo de alcohol, tabaco e demais drogas dentro do fogar, así como as consecuencias do su uso indebido. As normas claras dunha familia favorecen ao desenvolvemento do individuo en relación coa sociedade.

8. É boísimo fomentar actividades sas e recreativas
Estimule a participación dos seus fillos neste tipo de actividades, buscando a súa diversión e desenvolvemento: deportes, música, asociacións xuvenís... Tan importante como o anterior é realizar actividades "cos" seus fillos/as adecuadas ás idades: excursións, xogos, visita a museos, camiñatas, etc.

9. É moi aconsellable agruparse con outras nais e pais
Coñecer as nais e pais dos amigos dos seus fillos/as e o que pensan acerca do consumo e da prevención do tabaco, do alcohol e das demais drogas. Isto axudará a comparar e reforzar as pautas de actuación que leva a cabo dentro da súa familia
10. Solicite axuda se ten algún problema relacionado co alcohol ou demáis drogas
Acercarse, conversar e observar ao seu fillo permitiralle discernir se quizais o seu fillo/a se está iniciando no consumo de alcohol ou drogas. Se descobre que pode haber un problema, non dubide en pedir axuda o antes posible. Con todo...
NON SE DESESPERE. Non todos os que se inician no consumo das drogas se converten en drogodependentes. Tampouco imos a esperar que isto suceda. Sexa prudente.
NON O CULPE nin lle bote en cara todo lo que vostede fixo por el, nin o mucho que vostede sofre, nin se sinta vítima por nada.
NON SE CONVERTA EN PERSEGUIDOR obsesionado por seguir os seus pasos, ou revisar as súas cousas.
EVITE CRITICAR o seu comportamento violento, ou desaxustado
NON O ACOSE pretendendo respostas ou solucións inmediatas
NON SE DESENTENDA del non prestándolle atención ou restándolle importancia
E, sobre todo, PROCURE demostrarlle o seu afecto polo que é, independentemente do que "faga".

Vantaxes e inconvenientes para o comprador e o vendedor de tabaco, alcohol e outras drogas

Ti... es o negocio do século!
Paráchete a pensar que cada vez que ti "perdes" alguén gaña?
Paráchete a pensar que en cada trago que das, alguén se enriquece?
Sabes que grazas ás túas caladas, hai grandes empresarios/as que se fixeron millonarios/as?
E ti, que gañache?
Por iso...., hai moita xente interesada en que ti "precises" beber para divertirte, "precises" fumar para relaxarte..., e por iso gastan un montón de diñeiro en facer chegar esa idea a través da publicidade. Por certo, diñeiral que tamén sae do "teu peto", cun vicio creado pola sociedade e os empresarios para que ti consumas, mentres eles se enriquecen...

Terapia individualizada

Manter unha boa relación afectiva cos fillos/as e transmitirlles sentimentos de aceptación na familia
Estimular a autoestima e autoconfianza dos fillos/as, a súa capacidade para que establezan a súa propia identidade persoal e para que a valoren e acepten
Desenvolver certas capacidades e habilidades persoais e sociais nos nosos fillos/as
Dialogar e comunicarse cos fillos/as, coñecelos e saber cales son as súas necesidades
Informar e sensibilizar aos seus fillos sobre as drogas e os efectos asociados ao seu consumo
Converterse nun modelo de saúde para os seus fillos/as
Potenciando valores sociais positivos
Establecer normas adecuadas que regulen a vida familiar
Promover alternativas de ocio saudables

O tempo de ocio, como educar para o ocio?

O papel dos pais como educadores para o ocio é dobre:
- Por unha parte servir como modelos: se os pais/nais son capaces de vivir o seu tempo de ocio plenamente, mediante actividades variadas, os seus fillos/as verán como algo natural obter satisfacción a través desa clase de actividades.
- Facilitando alternativas: é importante que teñan o maior número posible de opcións adecuadas de tempo libre, acordes sempre cos seus intereses, é importante permitir que se relacionen cos amigos cos mesmos intereses para empregar o tempo de forma saudable.

OCUPAR O TEMPO DISPOÑIBLE É IMPORTANTE:
Responsabilizar cada unha das súas tarefas: en cada idade hai cousas que son capaces de facer e podemos estimulalos a que as fagan.
Compartir as tarefas de casa entre todos os membros da familia favorecerá o sentido da responsabilidade e da pertenza.
Valorar o esforzo na realización das tarefas: non centrándonos unicamente nos resultados, estes melloran coa práctica e co tempo.
Permitirlles que tomen as decisións ao asumir responsabilidades: isto facilita que aprendan a solucionar os contratempos e as frustracións da vida cotiá.

Orientacións para pais preocupados

COMO SABER SE O MEU FILLO/A CONSUME DROGAS

O primeiro que debe ter en conta é que o feito de probar unha sustancia NON significa que se vaia a acabar dependendo dela. A maioría das mozas e mozos non consumen drogas; dos que o fan, a maioría deixa de consumir en pouco tempo, e dos que continúan, a maioría non chega a ter nunca problemas de adición. Non é doado, polo tanto, adquirir una drogodependencia.

Algunhas das seguintes pautas poden ser orientativas dunha adición a drogas (ollo!, non sempre):
Cambios físicos:
Deterioro do coidado e do aseo persoal
Diminución ou aumento do peso
Cara de esgotamento
Aparición de infeccións na pel
Ollos vermellos sen causa aparente
Nariz frecuentemente conxestionada
Sangrados nasais
Cambios bruscos de humor

Cambios no desempeño laboral ou escolar
Ausencias e tardanzas frecuentes
Discusións ou conflitos no traballo
Diminución do índice académico escolar
Fallos á hora de completar responsabilidades ou tarefas

Cambios nas relacións familiares
Estrés e tensión nas relacións familiares
Desconfianza
Comunicación evasiva
Discusións frecuentes
Illamento do resto da familia
Diminución do tempo compartido

Cambios nas relacións sociais
Deterioro das relacións habituais sas
Illamento
Aparición de novos contactos cuestionables
Frecuentar sitios perigosos

Cambios nas pertenzas
Posesión de papeis de fumar
Posesión de pipas para fumar
Roupa manchada de sangue ou fluídos
Diñeiro que no parece ter orixe lóxica
Gasto desproporcionado sen causa aparente
Perda inexplicable e frecuente de posesións de valor
Aparición de envoltorio contendo polbos brancos, herba ou outros materiais

Cambios nas rutinas diarias
Episodios de insomnio alternando con períodos de somnolencia extrema
Falta de apetito alternando con períodos de fame en exceso
Falta sen explicación a compromisos familiares importantes
Abandono de afeccións e intereses.

En calquera caso, convén mostrar calma e manter a normalidade mentres non aparezan eses indicios. En caso de dúbida, é preferible contactar con algún experto que extremar a vixilancia. Evite converterse nun "policía" do seu fillo/a

SE O MEU FILLO/A PROBOU XA ALGUNHA DROGA ...

Se se ve en condicións de falar co seu fillo/a, teña en conta as seguintes suxestións:
Debe falar con el o ela, quen mais influencia teña sobre el ou quen saiba manter a calma
A solas e sen interrupcións, fora da casa se é posible
Nun momento oportuno (relativa calma por ambas partes, non escoller nunca un momento de enfado nin un momento no que se mostre baixo os efectos de ter consumido).
Ter claro o obxectivo: conseguir que acuda a unha cita de orientación
"Entrarlle" cunha actitude de confianza e respecto
Describir que nos preocupa, sen xulgar o seu comportamento evasivo, nin dar por feito que temos razón. Frases chave: "ultimamente notamos...", "preocúpanos...", " querémoste e estamos aquí para axudarte...", etc
Manexar as interrupcións. Frases clave: "dáme un minuto...", "termino e logo cóntasme..."
Animalo a falar. Frases chave: "cóntame...", "escóitote...", "sei que é difícil falar disto, fágome cargo, pero pídoche un esforzo porque me parece importante..."
Manexar as réplicas. Frases clave: "tal vez teñas razón, pero o caso é que estamos preocupados...", "ben, xa sei que ás veces vexo problemas onde non os hai e polo que dis tal vez estea preocupada sen motivo; aínda así pediríache..."
Se a súa explicación non nos convence ou non nos deixa tranquilos, evitar xulgalo/a, reprendero/a ou desacreditalo/a; centrarnos unicamente en facerlle unha petición concreta: que acuda con nós a unha cita de orientación para aliviar a nosa preocupación. Frases chave: "gustaríame...", "o único que che pido é que..."
Se non se ve con forzas para afrontar unha conversación tan delicada, podemos axudarlle a preparala.

SE O MEU FILLO QUE CONSUME NON SE DEIXA AXUDAR

O primeiro, fágase cargo de que non todo está nas súas mans. Vostede pode axudar a facilitar a decisión do seu fillo/a de porse en tratamento, aínda que non é seguro que vaia a conseguilo.
Loxicamente, asumimos que vostede xa intentou concienciarse de que o deixe. Por desgraza, isto non sempre funciona. O que mobiliza a unha persoa que depende dunha sustancia a abandonar o consumo é experimentar repercusións seriamente desfavorables.
Se vostede e a súa familia desexan que o seu fillo/a interrompa o consumo e a concienciación non serviu, terán que axudarlle aumentando os custes para facilitar a súa decisión.

O primeiro paso é intentar montar un fronte común na familia de xeito que actúen todos a unha, co mesmo criterio. Ese fronte común pode ir dirixido a dous obxectivos:
que pida axuda o antes posible
que mentres non o fai, a súa conduta interfira o menos posible no funcionamento familiar
Pode resultar conveniente que marquen unha serie de condicións ou normas básicas que debe seguir (non consumir en casa, non aparecer baixo os efectos do consumo, respectar os horarios básicos de chegada á casa, seguir asumindo as tarefas mínimas que sempre facía, non pedir diñeiro á familia para costear o seu consumo, etc...).

En segundo lugar, aproveite cantas ocasións favorables se lle presenten para que inicie o tratamento (ou ben para que polo menos acuda a unha consulta de orientación). Procure que vexa en vostede a alguén a quen recorrer en solicitude de axuda.
En calquera caso, procure:
Vencer a sensación de vergoña; isto leva a unha actitude de silencio e discreción que alarga o tempo que transcorre ata que se toman medidas
Evitar os reproches e as ameazas que non se cumpren; pode acabar "queimado" coa convicción de que nada funciona. Se non está seguro de que vai ser capaz de cumprir o que advirte, non faga advertencias. Pénseas primeiro en frío, póñase de acordo coa súa parella e, cando estean seguros, comuníquenlle ao seu fillo/a a condición que lle van poñer e as consecuencias en caso de incumprimento
Centrarse en que se pode facer, en lugar de buscar un porqué ao que está ocorrendo
Reducir as presas e o sentimento de urxencia; máis vale dar pasos firmes pouco a pouco que un salto rápido condenado ao fracaso (por exemplo, ten pouco sentido esixirlle que o deixe inmediatamente dun día para outro; é máis realista e práctico pedirlle que acuda a unha cita cun profesional cualificado)

SE O MEU FILLO/A ACEPTA QUE LLE AXUDEN CO SEU PROBLEMA COAS DROGAS

Pode consultar a súa situación e pedir orientación, chamando ao teléfono del Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias (982 297 498 / 982 297 837 ).
Se desexa realizar algunha consulta chame ao 982 297 498 ou ao 982 297 837, envíanos as túas preguntas a: lidia.platas@lugo.gal ou visítanos no Centro Social Uxío Novoneyra, 3ª andar
Para saber máis » www.inid.umh.es