Clasificación das drogas


"Algunhas persoas manteñen un medo reverencial á información sobre as drogas. Como se dispor dunha información acertada sobre elas fose aumentar o consumo. A realidade é ben distinta. A información é un recurso necesario para tomar decisións intelixentes, informadas e autónomas ante calquera desafío. Os riscos reais proceden da ignorancia. Non hai escolla libre sen un saber acertado.

Unha sociedade máis culta, máis informada e mellor formada sobre as drogas será máis capaz de convivir nun mundo no que estas existen, reducindo o risco de establecer con elas relacións conflitivas"

Plan nacional sobre drogas.

Das distintas clasificacións existentes, imos referirnos a tres:


1. Polos efectos sobre o sistema nervioso central

Depresores do sistema nervioso central
Son as substancias que bloquean o funcionamento do cerebro provocando reaccións que poden ir dende a desinhibición ata a morte por un adormecemento total do sistema nervioso central. As drogas máis consumidas deste grupo son:
- Alcohol
- Opiáceos (heroína, morfina, metadona, codeína...)
- Tranquilizantes (valium, tranxilium...)
- Hipnóticos (barbitúricos...)

Estimulantes do sistema nervioso central
Son as substancias que activan o funcionamento do SNC. As máis consumidas son:
- Anfetaminas (dexedrina, anfetas, bennies, dexies...)
- Cocaína
- Nicotina
- Xantinas (cafeína, teína..., ambas cun menor poder adictóxeno)

Perturbadores do sistema nervioso central
Son as substancias que alteran o funcionamento do cerebro, dando lugar a distorsións perceptivas, alucinacións auditivas, visuais, etc.:
- Alucinóxenas (ácido lixérxico ou LSD, mescalina, fenciclidina (PCP), etc.)
- Derivados do cannabís (haxix, marihuana, aceite de haxix, etc.)
- Inhalantes (acetonas, bencenos, éter, tolueno, etc.)
- Drogas de síntese (éxtase, MDA, speed, no argot reciben nomes como: cristal, adán, pílula do amor, hamburguesas, ice, xeo...)

2. Polo seu perigo

A Organización Mundial da Saúde clasificou as drogas segundo o seu perigo, definiunas de acordo cos seguintes criterios:
As máis perigosas serán aquelas que provocan:
- Dependencia física
- Dependencia con maior rapidez
- Maior toxicidade

As menos perigosas, son as que: - Crean só dependencia psíquica
- Crean dependencia con menor rapidez
- Posúen menor toxicidade.

Con base nestes criterios, a OMS clasifica as drogas en catro grandes grupos:
Grupo I: opio e derivados (morfina, heroína, codeína, petidina, pentazocina, fentanillo...)
Grupo II: barbitúricos (fenobarbital, amobarbital, butabarbital, etc.) e alcohol
Grupo III: cocaína e anfetaminas (sulfato de anfetamina ou speed, en España comercialízase co nome de centramina, sulfato de dexanfetamina "dexedrina", etc.)
Grupo IV: LSD, cannabis, etc.

3. Por codificación sociocultural do seu consumo

- Drogas institucionalizadas:
que teñen un recoñecemento legal e un uso normativo, aínda que sexan as que creen máis problemas sociosanitarios (alcohol, tabaco, psicofármacos).

- Drogas non institucionalizadas:
a súa venda está sancionada pola lei, e ten un uso minoritario entre diversos colectivos para os que xogan un papel identificador