parallax background

Servizo Municipal


O fenómeno do consumo das drogas variou nos últimos anos, incorporáronse novas substancias, aumenta o consumo de substancias legais, disminúe a idade de inicio na súa utilización, e achéganse a vivir problemas a idades mozas. Todo isto fai que se resalte a prevención como unha ferramenta fundamental coa que se pensa evitar ou atrasar o abuso das drogas. Os seus obxectivos máis importantes son:
EDUCAR aos individuos para que sexan capaces de manter relacións responsables coas drogas
ATRASAR A IDADE DE INICIO DE CONSUMO
MODIFICAR AQUELAS CONDICIÓNS DO CONTORNO SOCIOCULTURAL QUE FAVOREZAN A APRENDIZAXE DO COMPORTAMENTO DO USO DE DROGAS
INTERVIR NAS CAUSAS DO MALESTAR INDIVIDUAL, BEN MODIFICANDO AQUELO QUE O PRODUCE OU BEN AXUDANDO AO SUXEITO A SUPERALO
OFERTAR ALTERNATIVAS DE VIDA SAUDABLES

Para levar a cabo con éxito calquera programa de prevención convén ter en conta, entre outras, as seguintes consideracións:
O uso de drogas varía entre individuos, xeracións, subculturas e sociedades. Existen diferencias nas propias substancias, nas formas de consumo, nas motivacións e expectativas, etc.
Non se dá unha relación simple causa efecto; esta vén determinada polo propio individuo (o seu esquema de valores, crenzas, grado de madurez..) a súa familia, grupo de iguais, escola, cultura, relixión, medios de comunicación, etc.
Todo comportamento se produce nun contexto sociocultural concreto dentro do que cobra sentido. Así, o significado que unha determinada sociedade outorga á utilización de drogas será máis importante á hora de valorar o problema que o seu propio consumo.

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, do Concello de Lugo, empezou a funcionar no ano 1989, aínda que o equipo actual haino desde o ano 2003. Este servizo dependía do Comisionado do Plan de Galicia sobre drogodependencias (pertencente á Concellería de Sanidade) da Xunta de Galicia e do Excmo. Concello de Lugo, segundo un convenio de cofinanciamento asinado desde o ano 1989. Actualmente depende do Concello de Lugo

O ámbito de actuación deste servizo comprende o que é Lugo capital, impulsando diferentes liñas de actuación dentro da área de traballo, que neste caso é a prevención, nos seus diferentes niveis. Os seus ámbitos son os seguintes:
Comunitario
Educativo
Familiar
Saúde
Poboación Xuvenil
Laboral

Desde o ano 1986, no que se creara o Plan autonómico sobre drogodependencias, estruturouse unha serie de recursos e servizos que ofrecen unha resposta global e coordinada ao problema das drogodependencias. Con este obxectivo, puxéronse en marcha numerosos programas preventivos nos distintos ámbitos, entre eles os programados e deseñados no Servizo de Prevención do noso Concello.

Na actualidade, Galicia conta con 245 programas de prevención, nos que traballan 81 profesionais. Do total de programas de prevención, o 38’7% realízanse no ámbito de prevención escolar, 21% familiar, 18’5% de xuventude, 15’6% de formación e información, o 2’9% laboral, e o 3’3% os realizados no contexto dos PLANS COMUNITARIOS.

Seguindo co ámbito da prevención, o plan prevé tamén a intensificación dos programas de información formación dirixidos á xuventude galega sobre os riscos asociados ao consumo de drogas, aproximando a información aos contextos de ocio onde acostuma a producirse o consumo.

Outras das medidas en materia de prevención que se recollen son, por unha banda, o reforzo dos programas de información formación dirixidos a familias, ca fin de contribuír a potenciar o papel das nais e pais galegos na prevención do uso de drogas e, por outra, á intensificación dos traballos preventivos con adolescentes e mozas e mozos en situación de especial risco, mediante a posta en marcha de diferentes programas de carácter selectivo (programa de prevención escolar: NON PASA NADA, PASA ALGO?; PROGRAMA DE PREVENCIÓN FAMILIAR. Todos xuntos nos axudamos; e Programa de prevención xuvenil do consumo de alcohol e outras substancias en espazos urbanos públicos.

Os nosos niveis de actuación preventiva

Pódense distinguir tres niveis de prevención en función da relación que o suxeito consumidor establece coa substancia, a saber:

UNIVERSAL: Son propostas de actuación localizadas antes de que a persoa teña contacto algún coa droga.
Obxectivo: Protección da saúde ca fin de evitar ou demorar a aparición dun problema relacionado co consumo de drogas.
As estratexias utilizadas desde esta perspectiva baséanse especialmente en actividades de promoción xeral, sen prescindir en determinados casos dunha intervención específica en drogas.

SELECTIVA: Estas actuacións diríxense a colectivos onde xa se detectou algunha situación relacionada co uso de drogas.
Obxectivo: intentar que non se orixinen adiccións ou consumos problemáticos, polo que a prevención específica resulta moito máis convinte.
É importante diferenciar a poboación á que o programa preventivo se dirixe: podería resultar contrapreventivo levar a cabo unha actuación de prevención secundaria con grupos que nunca contactaron coas drogas, é ineficaz dirixirnos con actividades de nivel primario a aquelas persoas que xa experimentaron con elas.

INDICADA: Alude ao tratamento e á rehabilitación de aqueles individuos nos que se instaurou un uso problemático de drogas.
Obxectivo: Mitigar as consecuencias adversas asociadas ao consumo e impedir un agravamento do problema.

O noso Modelo de prevención céntrase nos modelos duais: psicosocial y sociocultural: psicosocial e sociocultural

MODELO PSICOSOCIAL
Susténtase no recoñecemento da complexidade de cada individuo e do peso que ten os factores psicolóxicos e ambientais sobre as súas decisións. A drogodependencia é unha forma máis de comportamento humano que se debe analizar segundo os principios que rexen a conduta.
Destaca:
O ser humano coas súas necesidades psicolóxicas e sociais, relegándose a un segundo plano a substancia que, por si mesma, non xustificaría a xénese do problema.
Persigue:
- Ofrecer alternativas positivas ao consumo de drogas ca fin de reducir a demanda destas
- Tratar ao drogodependente como unha persoa con dificultades de adaptación, maduración ou desenvolvemento
- Dar cabida aos programas xerais de prevención inespecífica e de educación para a saúde destinados a frear tanto a magnitude dos problemas aditivos como a de calquera outra conduta desadaptativa
- Pulir os programas preventivos: desde esta formulación, o recurso do medo ao castigo carece de utilidade. A formación e información convértense en importantes estratexias encamiñadas a favorecer a toma de decisións razoadas e saudables con respecto ao uso de drogas.

MODELO SOCIOCULTURAL
Susténtase no seguinte enfoque: "unha verdadeira política preventiva non pode facer abstracción da estrutura socioeconómica dentro da cal viven e se desenvolven os consumidores de drogas, nin deixa de considerar o aspecto propiamente cultural do uso de certas drogas por parte de certos grupos. As desigualdades, a falta de oportunidades para grandes sectores da poboación, a marxinación e o desemprego, a organización do traballo e a ideoloxía dominante son concibidos como tanto factores causantes da aparición masiva da fármaco-dependencia nalgunhas sociedades. O contorno cultural determina, á súa vez, os tipos de drogas e as formas de consumo". (Massün,E.,1991)
Destaca:
A complexidade e a variabilidade do contexto máis aló dos efectos da droga e do propio individuo.
Persigue:
- Mellorar as condiciones de vida e crear un ambiente no que as necesidades que se cobren mediante o consumo de drogas se poden satisfacer por medio de condutas menos prexudiciais.
- Implicar á sociedade no seu conxunto, sobre todo, os sistemas educativo e sociosanitario, para que diminúa a aceptabilidade social das drogas e varíen os valores que están mantendo a súa utilización.

Algunhas medidas para traballar a prevención

1. REDUCIÓN DE OFERTA DE DROGAS LEGAIS
Establecer límites (control alcoholemia e outras drogas)
Prohibicións e limitacións (non publicidade de drogas)

2. REDUCIÓN DE OFERTA DE DROGAS ILEGAIS
Loita contra o narcotráfico

3. REDUCIÓN DA DEMANDA DE DROGAS
Programas formativos e informativos
Vixilancia epidemiolóxica
Promover a utilización saudable do tempo libre

MEDIDAS SOCIAIS PARA A PREVENCIÓN

Destacar o valor da saúde e dos hábitos que axudan a preservala
Reducir a publicidade e venda de drogas legais
Promover alternativas saudables para o uso e goce do tempo libre
Atrasar, dentro do posible, a idade de contacto co mundo das drogas
Achegar á sociedade información verídica e adecuada sobre o consumo de drogas e as súas consecuencias
Incidir sobre os principais factores de risco persoais, familiares e sociais que determinan o abuso de drogas nos individuos

A EDUCACIÓN PREVENTIVA EN DROGODEPENDENCIAS

Valoración da saúde como un ben fundamental
Desenvolvemento da autoestima
Resistencia á presión de grupo
Capacitación para tomar decisións razoadas
Información veraz sobre os efectos das drogas e o fenómeno da drogodependencia