🚫
Falando SEN FILTROS
Vivindo SEN ADICCIÓNS

Conscientes do impacto que teñen as adiccións na mocidade e na sociedade en xeral, o Servizo de Adicións da Concellería de Xuventude e Deportes presenta a campaña “Falando sen filtros. Vivindo sen adiccións”, enmarcada no servizo municipal +XTI. Esta iniciativa aposta por unha comunicación directa e sen maquillaxe, convidando á reflexión a través de testemuños anónimos que falan con honestidade e sen filtros sobre distintas adiccións.
A campaña, que se centra na adicción ao tabaco, cannabis, alcohol, redes sociais, xogo e bebidas enerxéticas, busca ofrecer unha mensaxe esperanzadora, poñendo o foco na superación e na importancia de pedir axuda. Ao tempo, visibiliza o servizo +XTI como recurso clave para recuperar o control e construír un futuro libre de adiccións.

Capítulo 1
Falando sen filtros dos xogos de azar:
💻 O xogo online engancha máis rápido ca nunca: a mocidade pode engancharse en tan só 6 meses, xa que as casas de apostas buscan usuarios vulnerables.
#Falasenfiltros
📊 Fonte: Informe do Plan Nacional sobre Drogas

Capítulo 2
Falando sen filtros das redes sociais:
😴 As redes sociais alteran o sono, afectan á autoestima e poden crear dependencia emocional da que é difícil saír e, máis aínda, admitir o problema.
#Falasenfiltros
🧠 COIDADO! A dopamina dun “like” é tan real coma calquera outra adicción.

Capítulo 3
🚭 Falando sen filtros do tabaco:
🫀 Un só cigarro ao día aumenta o risco de enfermidade cardíaca nun 50%. Os vapers, lonxe de seren inofensivos, tamén conteñen nicotina e substancias nocivas que afectan ao desenvolvemento cerebral.
⚰️ O tabaco mata a máis de 50.000 persoas ao ano en España.

Capítulo 4
Falando sen filtros do alcohol:
📈 O alcohol é a droga máis consumida e aceptada socialmente.
⚠️ A súa relación coa violencia e os accidentes é directa.
⚰️ Causa máis de 15.000 mortes ao ano en España.
📊 Fonte: Ministerio de Sanidade

Capítulo 5
Falando sen filtros
das bebidas enerxéticas:
☕ Unha soa pode conter máis
cafeína ca 3 cafés.
⚠️ O seu abuso pode provocar arritmias, ansiedade e dependencia.
📊 Fonte: Ministerio de Sanidade