Mozas e mozos


Programas específicos con mozas e mozos:

XOGAR PARA PREVIR

Todas as persoas, en especial os menores, corren o risco de iniciarse no consumo dalgunha sustancia considerada como droga (normalmente empezan con tabaco e ou co alcohol).

As persoas que acoden de xeito regular aos servizos sociais de atención primaria, acostuman presentar unha serie de características comúns, como poden ser: desestruturación familiar, ingresos económicos mínimos, vivendas en malas condicións de habitabilidade.... É dicir, trátase de familias multiproblemáticas. Todas estas situacións inflúen negativamente no desenvolvemento dos menores, e o que supón incrementar o número de factores de risco e, polo tanto, a posibilidade de iniciarse no consumo de drogas.

Por estas razóns, pensouse na posibilidade de levar a cabo unha serie de actividades cos menores pertencentes a estes colectivos; non obstante, en vistas a non incrementar máis o gueto xa existente, cremos imprescindible que os ditos talleres se dirixan a toda a poboación.

Nas actividades mencionadas, ademais de supor unha alternativa de ocio divertida e diferente ás habituais, traballaranse valores e pautas consideradas básicas para o desenvolvemento dos menores, é dicir, compañeirismo, autoestima, respecto, asertividade, etc.
Deste modo, estarase traballando directa e indirectamente na prevención de drogodependencias:
por un lado traballando as habilidades sociais xa mencionadas
polo outro, polo mero feito de manter aos menores fora do seu contorno habitual durante unhas horas (problemas familiares, pasar demasiado tempo sós nas casa ou na rúa...)

Tras reunirnos e informar a todas as traballadoras e educadoras sociais de atención primaria do Concello de Lugo, as actividades levaranse a cabo nos propios centros de servizos sociais situados nos distintos barrios da cidade, a excepción do Sagrado Corazón, que se realizarán no propio poboado de O Carqueixo. Debido ás especiais características deste último, vese necesaria a realización de dous talleres diferenciados, un polas mañás orientado aos nenos e nenas que xa non están escolarizados (14 –16 anos, aproximadamente), e outro polas tardes para os menores en idade escolar (8 – 12 anos, xa que neste poboado adiántase a idade de inicio no consumo de drogas). Os talleres restantes están enfocados a menores con idades comprendidas entre os 10 e 12 anos, e levaranse a cabo polas tardes.

Para que dita información chegue ao maior número de poboación posible, ademais de informar ás traballadoras/educadoras sociais e ás animadoras socioculturais do Concello, consideramos que sería interesante a súa divulgación nos medios de comunicación, para que os interesados nos talleres se inscriban neles a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias ou ben nos propios Centros de Servizos Sociais. Os talleres dos que estamos a falar levaranos a cabo as traballadoras contratadas polo programa Labora, tratándose dunha Socióloga (Ana Lesta Mosquera) e unha traballadora social (María Zuluaga Díaz).
 
Distribución de guías para a xuventude

Estas guías son material divulgativo dirixido á xuventude sobre o consumo das drogas, acercando información sobre os seus efectos e pautas a seguir para evitar que se inicien no seu consumo ou reducir os seus riscos: