Profesorado
Solicita obradoiros ou material para centro
Os centros educativos poden poñerse en contacto co Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias para solicitar obradoiros ou o material, ata rematar existencias, con compromiso de que se utilice.
Descargar modelo de solicitude
Enviar a francisco.eiros@lugo.gal
Descargar modelo de solicitude
Enviar a francisco.eiros@lugo.gal
FINDE e INPUT! Ferramientas lúdicas para a prevención de adiccións
Como solicitar o teu xogo?
O persoal docente pode solicitar o seu xogo de cartas escribindo ao correo que se indica a continuación. O material entregarase por orde de solicitude ata esgotar existencias.
Correo: francisco.eiros@lugo.gal
Xogo de cartas deseñado para grupos de entre 3 e 6 persoas maiores de 12 anos. Busca promover o debate e a reflexión sobre os estilos de pensamento e os diferentes tipos de emocións cos que se relacionan. O obxectivo é ampliar o vocabulario emocional e adestrar a empatía e a regulación emocional.
Xogo de cartas deseñado para grupos de entre 3 e 6 persoas maiores de 14 anos, para traballar en espazos educativos contidos relacionados coa prevención das adiccións. Introduce conceptos vinculados aos estilos de lecer, as drogas, as adiccións sen substancia e os sinais que poden alertar de que se está desenvolvendo unha adicción.